Beatriz de Nürnberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBeatriz de Nürnberg

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Beatrix fon Nürnberg Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1362 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Núremberg Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xuño de 1414 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Perchtoldsdorf (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Santo Estevo de Viena Editar o valor em Wikidata
Duquesa
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuquesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Hohenzollern Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAlbert III, Duke of Austria (en) Traducir (1375, 1375 (Gregoriano)–1395) Editar o valor em Wikidata
FillosAlberto IV, Duque da Áustria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFrederico V, Burgrave de Nuremberga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Isabel da Mísnia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsIsabel de Nuremberga (pt) Traducir, Katharina von Nürnberg (en) Traducir, Agnes von Nürnberg (en) Traducir, Margaret of Hohenzollern-Nuremberg (en) Traducir, Frederico I de Brandemburgo (pt) Traducir e João III, Burgrave de Nuremberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Nürnberg-9

Beatriz de Nürnberg, tamén coñecida como Beatriz de Hohenzollern (en alemán: Beatrix; nada en Nürnberg en 1362 e finada en Perchtoldsdorf o 10 de xuño de 1414,[1][2] foi duquesa consorte da Austria polo seu casamento con Alberte III de Habsburgo (duque de Austria de 1348 a 1395).[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Representación de Alberte III con súas dúas esposas, Sabela (á esquerda) e Beatriz (á dereita), no Castelo de Perchtoldsdorf.

Era filla de Frederico V, burgrave de Nuremberg e da súa esposa Isabel de Misnie.[4]

O 11 de decembro de 1374 asinouse o contrato de matrimonio entre Beatriz e Alberte, fillo de Alberte II de Austria e de Xoana de Pfirt, en Passau, na actual Baviera. Casaron algúns meses despois o 4 de marzo de 1375, en Viena.

A primeira esposa do duque foi Sabela da Bohemia, filla do emperador Carlos IV, que morreu en 1373, sen ter fillos. Beatriz gobernou como duquesa a carón da súa cuñada, Viridis Visconti, esposa de Leopoldo III. En 1379, deixou de ser duquesa de Austria, a consecuencia do Tratado de Neuburgo, nos cales as terras foron divididas entre o seu marido e o irmán, Leopoldo III. Leopoldo ficou coa Austria Anterior, alén doutros dominios xa incorporados (Estiria, Carintia e Carníola), e Alberte quedou coa Alta Austria e a Baixa Austria.[5]

O duque e a duquesa tiveron só un fillo, o duque Alberte IV de Austria, quen casou en 1390 con Xoana Sofía de Baviera.[3]

Faleceu o 10 de xuño de 1414, en Perchtoldsdorf, na Baixa Austria. Foi enterrada na Catedral de Santo Estevo, en Viena.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BAVARIA, NOBILITY". fmg.ac (en inglés). 26 de xullo de 2022. Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  2. "Beatrix von Hohenzollern". thepeerage.com (en inglés). 16 de xullo de 2005. Consultado o 27 de xaneiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Louda & MacLagan (1995), p. 156.
  4. Omato (2001), p. 201.
  5. Beller (2006), p. 31.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Beller, Steven (2006). A Concise History of Austria (en inglés). Cambridge/Nova York: Cambridge University Press. ISBN 9780521478861. 
  • Louda, Jiri; MacLagan, Michael (1995). Les Dynasties d'Europe : héraldique et généalogie des familles impériales et royales (en francés). París: Bordas. ISBN 2-04-027115-5. 
  • Ornato, Monique (2001). Répertoire prosopographique de personnages apparentés à la couronne de France aux XIVe et XVe siècles (en francés). París: Publications de la Sorbonne. ISBN 2-85944-442-4.